miércoles, 21 de agosto de 2013

COMPRAR A MORTE O LOITAR

Velorio (Virxilio Viéitez)

Hai anos, cando eramos nenos, o meu irmán e mais eu adoitabamos pasar algunhas tardes pola casa das nosas avoas galegas, Ángela e Luisa, avoas postizas pero ás que queriamos coma se fosen as de verdade, que estaban en Canarias. Un día soou o chamador do portal, aqueles chamadores de bronce que antes da instalación dos porteiros automáticos erá a única forma de acceder a unha casa sen porteiro, un toque era o primeiro, dous toques o segundo, xa se era dereita ou esquerda tiña que baixar alguén do piso requerido ou preguntar polo balcón. Oíuse a veciña do lado dicir:

—Baixo eu Angelita, que vou comprar— e os seus tacóns de agulla soaron contra os chanzos de madeira seguidos de un —Ah é vostede, suba.

O meu irmán e mais eu, que seguramente estabamos a dar conta dun anaco de pan e unha onza chocolate, en canto oímos as pisadas de alguén subindo corremos empurrándonos para ver quen chegaba antes á porta. Mentres, a avoa Ángela dicía:

—Demo de nenos, vos vaís a matar.

Cando abrimos demos un paso atrás, na penumbra da escaleira, na escuridade, apenas iluminado pola luz do corredor estaba un home, alto, moreno, enjuto, cos ollos afundidos, unha carteira debaixo do brazo e enfundado nunha bata de pano negro que nos dicía:

—¿Angelita Alonso?, veño a cobrar a morte.

Sen darnos tempo a pensar mais, a miña madriña empúrronos e mándonos para o saloncito.

Eu morto de medo púxenme a morder o chocolate pensando no que acababa de ver e escoitaba o que falaban mentra pensaba: “A cobrar a morte? ¿que era iso de cobrar a morte? , ¿había que pagar por morrerse?, entón o que non tiña diñeiro non morría”.

Pensei naquel pobre tan vello e tan limpo que viña a pedir á casa todos os domingos con un traxe de moitos anos, limpo e digno, con á súa boina nunha man mentres extendia a outra dicindo "saúde e sorte". “¿Non se morrería nunca?”. Debería ter mais de cen anos. ¿Sería mellor ser pobre e vivir do que nos dean os demais toda a vida?”.

Pregúntelle á avoa Luisa, que como era cega estaba sempre sentada nunha butaca baixa escoitando, e ás veces oíndo, Radio Vigo.

—Avoa porque pagas a morte, se non a pagases non morrerías.

Ela, acariciándome a cara díxome.

—Filliño, para que queremos vivir toda a vida e menos da caridade. É mellor que Deus nos leve con él.

Hoxe seguramente contestaríalle "Avoa, antes de que Deus nos leve o mellor é loitar pola vida"




3 comentarios:

  1. Precioso!! E como me gusta a lingua galega. Aínda que non sei si a escríboo ben

    ResponderEliminar
  2. Me has hecho retroceder en el tiempo, me has hecho reír con ganas imaginándote comiendo el chocolate con ansia y miedo.
    ¡Precioso relato, galego! Como estoy de vacaciones y leyendo como una posesa...,he descubierto cómo se vive en el mundo de ¡Deus nos leve con él!: sin radio, sin telediarios, sin prensa y..., casi sin tuiter.
    ¿Se puede vivir feliz en la ignorancia?
    Se puede.
    Aunque no se cuanto tiempo pueden ellos, a mi me dura unos diez minutos. Los que tardo en emerger del libro (La II Guerra Mundial) y empezar a establecer peligrosas conexiones con la actualidad.
    Así que, lo suscribo:
    "Antes de que Deus nos leve o mellor é loitar pola vida"
    Gracias!

    ResponderEliminar
  3. Precioso... O galego embelece a historia mais, se fora posible
    La última frase, simplemente espectacular
    Enhorabuena, Adrián

    ResponderEliminar